A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva para o ano 2024, pon en marcha os campamentos deportivos deste verán, estes campamentos están destinados a 500 nenos/as empadroados/as nos concellos da provincia da Coruña, nacidos entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro de 2015.
O Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo acolleu esta mañá ‘A máquina das emocións’, un concerto didáctico por parte do profesorado para as nenas e nenos dos centros CEIP Plurilingüe Sofía Casanova, CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Plurilingüe Ría do Burgo e CEIP Plurilingüe Vila de Rutis, enmarcado no programa EducaCulleredo. Participaron un total de 294 nenas e nenos dos dous primeiros cursos de Educación Primaria.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, porá en marcha proximamente a segunda edición de ‘Culleredo, de cine’ de novo co director Hugh McGinley. O programa pretende consolidar a ferramenta da curtametraxe nos colexios, centrándose nos adolescentes e preadolescentes do século XXI. Serán 5 as pezas que elaboren, que serán presentadas novamente na Cullerciencia 2024, con data de celebración o 8 de xuño.
O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo celebrará os vindeiros días 13, 14, 15 e 16 de maio unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as súas instalacións.
A empresa adxudicataria das obras de renovación da rúa Fonte da Balsa, en Vilaboa, informa do corte previsto da vía por mor dos traballos os días 15, 16 e 20 de maio.
09.05.2024/ 15.19 h. Anuncio BOP convocatoria e bases.
30.04.2024/11.58 h. Anuncio BOP convocatoria e bases.
Información pública sobre a formalización do convenio urbanístico de planeamento que se negociou e se asinou coa familia Ramallal, para a adquisición por este concello duns terreos co fin de executar a construción dun paseo fluvial no río Trabe.
Dende o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego da Área de Dinamización Social do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.
Dende o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego da Área de Dinamización Social do Concello de Culleredo, tense previsto impartir ao longo do mes de maio deste ano unha serie de accións formativas, relacionadas co ámbito sociosanitario e dirixidas preferentemente aos/ás veciños/as de Culleredo que preferentemente se atopen en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e que posúan formación ou experiencia relacionada coas actividades a impartir.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER