O Concello e o Goberno concretan un conxunto de actuacións no Paseo Marítimo do Burgo para que quede en perfecto estado tras as obras

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, mantivo hoxe un encontro co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, para abordar diversas cuestións de interese para o municipio. Na  reunión tamén participaron a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a primeira tenente de alcalde, Cristina Pardo.

A conclusión das obras de rexeneración da Ría do Burgo e a súa afección ao Paseo Marítimo foi o principal asunto do encontro. Rioboo puxo de manifesto a necesidade de actuar en varios puntos da contorna, o máis afectado polos traballos ao albergar nos últimos dous anos o maior volume das intervencións, con circulación continua de maquinaria.

O delegado e o alcalde concretaron que levará a cabo un conxunto de actuacións no paseo marítimo para que quede en perfecto estado tras a finalización da dragaxe. Para definilas, técnicos de Costas e do Concello realizarán unha avaliación técnica sobre o terreo a vindeira semana.

A análise abordará ámbitos como os pavimentos, zonas verdes ou mobiliario urbano. A día de hoxe, o paseo pódese empregar con normalidade, pero é necesario acometer melloras que o deixen nun estado óptimo ao 100%.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina